QUEN SOMOS

O CN As Mariñas é unha asociación deportiva sen ánimo de lucro có obxecto social da promoción da natación, ou das súas correspondentes modalidades deportivas, o desenvolvemento e a práctica das mismas polos seus asociados, e a participación en actividades y competicións deportivas de carácter oficial. Está inscrito no Rexistro de Actividades Deportivas de la Xunta de Galicia dende Outubro de 2013.

O CN As Mariñas nace como continuación do Club Natación Albatros que veu prestando os sus servicios no Concello de Culleredo durante máis de 20 anos, as súas profesoras, Leticia Bellón e Jessica dos Santos crean este novo clube có obxecto de manter a calidade do servicio, xa que dende fai máis de dez anos estiveron a cargo das escolas municipais de natación do devandito concello, continuando coa filosofía de traballo desenvolvida ata agora, compaxinar a competición cun ambiente próximo e familiar.

O noso interese non só radica na alta competición das categorías superiores, se non que prestamos a máxima interese á formación de novos deportistas dende as categorías Pre benxamín e Benxamín, ata a categoría Absoluta.

Na actualidade contamos con tres entrenadores con titulación superior e ampla experiencia que cubren as necesidades de entrenamento de todas as categorías, distribuíndose os nadadores por idades e preparación, todo isto respondendo a un plan deportivo que é revisado cada tempada.

O obxectivo fundamental do Club Natación As Mariñas é a de ensinar, desenvolver e perfeccionar a práctica da natación, no marco xeral da formación da persoa, baseándose na natación deportiva.

A filosofía do clube e dos seus entrenadores básase en contribuir na formación integral dos nadadores participando na súa educación como persoas sanas e equilibradas, evitando en todo momento as conductas antideportivas e fomentando valores como o compañeirismo, o espírito de equipo, o respeto, a disciplina e a autosuperación.